
Outro ano mais chega a BTT EUROCIDADE VALENÇA-TUI, nesta VIII edición intentaremos que desfrutedes na compañía dunha chea de amigos, do percorrido, os avituallamentos, as paisaxes, o bo ambiente e por suposto do Porco o Espeto. Temos dous percorridos un de 47 km e outro de 77 km, o primeiro é coa intención de desfrutar do BTT e o segundo é para gozar e sufrir enriba da bicicleta, haberá un punto de corte no km 47 (paso por meta, na fortaleza de Valença), de forma que todo participante que non alcance o horario determinado (12:30), non poderá facer a marcha longa. No caso de que algún participante fora de control decida continuar o percorrido, non atopará sinalización, nin avituallamento, nin irá acompañado de ningún “escoba” e farao exclusivamente baixo a súa responsabilidade polo que libera expresamente á organización, ante todo tipo de accidente, incidente, lesión o eventualidade que puidese xurdir derivada da súa decisión.
A celebración da marcha está limitada a 1.200 participantes. A proba é libre de carácter non competitivo e será neutralizada até o km 5. O percorrido curto é de dificultade física media alta (1.100 m desnivel positivo), alcanzable para ciclistas con certa preparación física e o percorrido longo de dificultade física alta e técnica media (1.807 m. desnivel positivo), para os que queiran empregarse máis a fondo.
A saída dos primeiros 500 ciclistas será por orde de inscrición.
Temos a venta chalecos para levar de recordo desta edición, por un importe de 20, estarán dispoñibles ata o día 15/02/2019.