Regulamento da marcha cicloturista VII EUROCIDADE BTT

 

  • A VII EUROCIDADE BTT a celebrar o 4/03/2018 está organizada pola Eurocidade Valença-Tui (Municipio de Valença de Minho e concello de Tui), sendo esta unha marcha cicloturista non federada.
  • A saída será ás 9:00.es – 8.00.pt dende a piscina Municipal de Valença, e a hora de chegada máis desfavorables estímase aproximadamente sobre as 15:00 no mesmo lugar.
  • O percorrido será por rúas, pistas e camiños forestais dos concellos de Valença de Minho e Tui. Haberá duas distancias para que cada un dos participantes elixa segundo o seu nivel de preparación. Para poder realizar a MARATÓN de 74 km os participantes deberán pasar polo km. 40 antes das 12:30.es-11:30.pt.
  • Esta marcha cicloturista non ten carácter competitivo, se non o de fomentar o contato coa Natureza, dando a coñecer as paraxes espectaculares destes dous concellos.
  • A idade mínima para poder participar é de 18 anos ou 16 con permiso paterno/materno que deberán aportar por escrito.
  • Haberá un límete de 1200 prazas para as inscrición á VII EUROCIDADE BTT.
  • O orden da parrilla de saída sera por orden de inscrición  de 0 – 100, 101 – 200  e así sucesivamente hasta os 500, a entrada en box respetarase  hasta as 8:50 horas.
  • O dorsal e persoal e intransferible, a persoa inscrita só poderá participar có dorsal asignado e acepta non permitir o uso do mesmo a outras persoas. Si unha persoa incumpre esta norma, está nunha situación de desamparo en caso de sufrir un accidente, pois os seus datos non consta para o seguro dá marcha, e polo tanto a organización como o seguro, non ten obriga legal de facerse cargo destes gastos.
  • Os participantes que non teñan o dorsal correctamente considerase alleos a proba e non tendrán dereito a gozar de ningún servizo, nin a organización terá ninguha obriga legal sobre eles.
  • Para recoller o dorsal é obrigatorio presentar o DNI
  • O importe das inscricións é:
                 6 € hasta 18 de febreiro
                 8 € desde 19 febreiro a 26 de febreiro
  • Será considerado participante nesta marcha cicloturista soamente a persoa que faga debidamente a inscrición, para o cal deberá cubrir e enviar o boletín que se atopa na páxina web www.biciosos.es e facer o pago da cota establecida mediante a pasarela de pago habilitada na dita web.

Feito isto implicará que o participante acepta o presente regulamento.

  • A organización ten contratado para este evento un seguro de Responsabilidade Civil e outro de Accidentes para todos os participantes durante o tempo de participación neste evento, un para os accidentes acontecidos en España e outro para Portugal, coas coberturas obrigadas pola normativa e Leis de cada Pais; non facéndose responsable de ningún accidente nin gastos fora desas coberturas, debendo entenderse que os participantes inscritos asumen e coñecen os riscos do BTT.
  • Cada participante será responsable do seu propio material e bicicleta. No caso de avaría que lle impida continuar o percorrido, a organización tentará asistilo e en todo caso recollelo no “coche-escoba”, que irá pechando a proba detrás dos participantes máis retrasados, para desprazalo ata o punto de saída/chegada.
  • É obrigatorio o uso do casco protector e máis levar o dorsal visible en todo momento da proba. O feito de non levar ambos suporá a descualificación do participante e polo tanto considerarase a todos os efectos fóra da marcha cicloturista.
  • O percorrido estará axeitadamente sinalizado e todo participante deberá respectar o itinerario e indicacións das forzas de seguridade e dos membros da organización.
  • A circulación non será cortada, polo que se deberá respectar en todo momento as normas do código de circulación, así como as indicacións das forzas de seguridade e dos membros da organización.
  • A organización resérvase o dereito a modificar todo o relativo ao horario de saída, itinerario, reagrupamentos, avituallamentos, agasallos, etc., cando motivos ou circunstancias así o aconsellen. Ademais poderá expulsar da marcha, retirándolle o número, aos participantes que coas súas accións constitúan un perigo para os outros participantes ou demais usuarios das vías polas que se circule nese momento e tamén aos que non atendan as indicacións do persoal da organización; ou mesmo aos que non sexan respectuosos co ámbito natural.
  • Dispoñerase de vehículos e persoal de apoio e asistencia sanitaria.

Organiza

Eurocidade Valenca-Tui

Colabora

Biciosos

Patrocinadores Principales

Patrocinadores