Estimados Compañeiros de bici e rutas, benvidos a outra edición da nosa marcha de BTT TUI-VALENÇA-TUI, da que xa imos pola VI edición, este ano tamén esperamos facervos gozar da abondo, co percorrido e con todo o demais, os avituallamientos, o bo ambiente, o Porco o Espeto, e a compañía dunha chea de amigos.

Imos seguir co mesmo formato dos  últimos anos, un percorrido curto de 46 Km e outro de 73 Km, haberá un punto de corte no Km 45 (onde se separa a marcha curta da longa), de forma que todo participante que non alcance o horario determinado (12:30), non poderá realizar a marcha longa. No caso de que algún participante fora de control decida continuar o percorrido, no atopará sinalización, nin avituallamiento, ni irá acompañado de ningún “escoba” e farao exclusivamente baixo a súa responsabilidade polo que libera expresamente á organización, ante todo tipo de accidente, incidente, lesión o eventualidade que puidese xurdir derivada da su decisión.

A celebración da marcha está limitada a 1.200 participantes. A proba é libre de carácter non competitivo e será neutralizada até o km 5. O percorrido curto é de dificutade física  media alta,  alcanzable para ciclistas con certa preparación física e o percorrido longo de dificultade física alta e técnica media, para os que queiran empregarse máis a fondo.

Nesta edición terá punto de sáida e chegada en Tui, no paseo da corredera, e a saída terá lugar ás 9:00 horas. Preparádevos para un percorrido no que vos ides a atopar unha gran variedade de terreos para a práctica do mountain bike, circularedes por pistas de terra, ás veces pedregosas, por moitas sendas e algún tramo de estrada, en síntese, o circuito deseñouse para que bikers poidan completar os percorridos e que a experiencia resulte moi gratificante para todos e como non, para os mais atrevidos temos trialeras que vos farán subir a adrenalina.

A primeira parte do circuito subiremos polas ladeiras do Monte Aloia,  para descender cara ao centro de Tui  pasando pola corredera e dirixirnos  cara ao porto Deportivo, pola espectacular baixada das escaleiras ou polas rúas da zona Monumental.

Cruzamos a Ponte Internacional  e no km 21 teremos o avituallamiento liquido, deseguido subiremos o Monte Faro de Valença,  e na cima  Km 35 teremos o 2º avituallamiento liquido e solido, para coller folgos, apertar o casco e sair como raios cara o espectacular descenso que vos temos preparado, sendeiros, trialeiras (con alternativa disuoasorias para os menos atrevidos).

Volvemos cruzar a Ponte Internancional e no Km 45, despois de pasar o paseo fluvial, os parcticipantes dá ruta dos 73 Km, diríxense  cara á parroquia de Rebordans, no km 52 encontra o terceiro avituallamiento, empezan a subida do Monte Aloia polos muiños de Paredes, Unha subida espectacular que non deixará  a ningúen indiferente.

Perfil Ruta larga 73 km

Desnivel acumulado 1925m

Perfil Ruta corta 46 km

Desnivel acumulado 1125m